Comezou a xornada na Alameda de Santiago, baixo un dia soleado. Ali andaban preparando as mesas con Propaganda as distintas organizacións coma Primeira Linha ou o BNG, mentres que a xente do PCPE e as suas Xuventudes andaban a repartir unha Oitavilla, cun enfoque de clase, reclamando a FOLGA XERAL.
Despois de saudar a xente coñecida nesta loita, comezaba a manifestación do BNG, mais eu sumeime a de Causa Galiza, na cal habria 1500 persoas aproximdamante. A saida da cabeceira produciriase en torno as 13 : 30 horas.
Entre os partidos que se sumaron a esta foron : FPG, ESPAZO IRMANDINHO, CORRENTE VERMELLA, PRIMEIRA LINHA, NÓS UP, PCPE e as suas Xuventudes, os CMC, que portaban unha faixa reclamando loita obreira e folga xeral.
O control policial era unha autentica vergoña, coa violencia que os caracteriza.
Aproximadamente as 14: 15 chegamos todos e todas a praza do Toural, onde se rematou co manifesto leido por Leo i Arremecaghoná, cantante punk.O acto rematou co himno nacional
Escoitaronse lendas reclamando a Autodeterminación, dereito democrático que nos pertence, e reclamando o socialismo.
É hora de que o pobo desperte, de que a clase obreira galega se una, baixo o comunismo. Sen comunismo non hai autodeterminación. Combatamos contra o españolismo e o seu imperialismo.
Asina : O CAMARADA BREZNEV
No hay comentarios:
Publicar un comentario