miércoles, 11 de agosto de 2010

A Revolución interna .

Polo xeral, xs comunistas soemos culpar de tódolos nosos problemas ao sistema en xeral. Sen embargo, nunca -ou case nunca- realizamos unha crítica ás nosas accións. ¿ Están os partidos e organizacións ''de esquerda'' a desenvolver un movemento revolucionario no noso país?

A miña resposta é non. Vou demostralo con argumentos e vou a centrar a miña crítica especialmente nas organizacións xuvenís da realidade galega -que é a que coñezo-.

O primeiro, a relación organización-mocidade non está feita, o que leva a un estado marxinado á esquerda revolucionaria que ten a culpa da súa sectarización. Non hai unha canle transmisora entre un ente e outro. As organizacións dedícanse a desenvolver accións que só atinxen a elas e os seus militantes/simpatizantes sen que isto teña unha repercusión real nas masas xoves. Que é o que falla? Penso que os dous erros primordiais son: 1)falta de conciencia obreira por parte da mocidade 2)sectarización das organizacións. O que ocorre é que o primeiro podíase resolver coa reparación do segundo. A esquerda debe dedicarse a crear conciencia con concertos, propaganda que atinxa aos problemas reais da mocidade, e non que só atinxa aos seus problemas (como os cartaces que falan da represión); repartir fanzines interesantes para a xuventude, crear eventos de masas, etc. Unha vez feito isto, si poderán haber cartaces contra a monarquía, o patriarcado, chamando á folga, etc (actualmente a mocidade non coñece esta problemática, e cun cartaz non chega para concienciar). Porque agora mesmo esa propaganda so repercute nxs militantes/simpatizantes destas organizacións, o que finalmente os deixa no mesmo estado marxinal. E iso é só porque elas e eles queren. Debe ser o partido quen busque a mocidade, non a mocidade que busque ao partido.

O segundo, menos nacionalismo e máis axitación. Porque as organizacións xuvenís con máis peso (que é pouco) practicamente andan pendentes, case en exclusiva dun nacionalismo galego que non resolve os problemas da mocidade e que quédase xa obsoleto. Hai problemas máis importantes (dende logo, porque o comunismo persegue a eliminación de diferencias nacionais e a extinción do estado) como a desigualdade a nivel mundial, a globalización, o machismo, a falta de oportunidades na mocidade, a perda de galegofalantes, o rechazo ao diferente, etc. Esquezámonos de caprichos abstractos propios do século XIX. Porque a idea non é que cada pobo decida o seu, senón que entre todos os individuos de todas as nacións decidan o común, por iso somos internacionalistas e a revolución é unha obriga da humanidade enteira.

O terceiro, xa para rematar, debe existir unha unión, aínda que non homoxénea, entre xs comunistas. As antigas calificacións (stalinista, trotskista, maoísta, etc.) son as propias do século pasado. Non debemos continuar batallas perdidas, senón comezar unha nova guerra. Unha nova esquerda, que combata os problemas actuais, do século XXI, co seu contexto globalizador, cun carácter revolucionario pero de masas debe nacer. Iso sería unha auténtica revolución interna.


Alan Carlés

No hay comentarios:

Publicar un comentario