viernes, 20 de agosto de 2010

O VIRUS DO CAPITALISMO


A Gripe Porcina, invento da fenomenal maquinaria das xigantescas corporacións farmaceuticas, non será o ultimo, nin foi o primeiro, virus creado polos axentes capitalistas para enriquecerse. A parte do aspecto puramente mercantil deste virus, e unha boa estratexia para distraer a clase obreira e a masa dominante dos duros golpes que se nos asentan dende a Burguesía.

Os medios de comunicación, afins ao capital, fixeron moi ben a sua función, FACER DUNHA COUSA PEQUENA ALGO XIGANTE. 60 mortes frente as verdadeiras complicacións gripais, que afectan ao corazón e mailos pulmóns. 60 mortos frente a Malaria, o SIDA, que ben se podian remediar, se os paises burgueses puxeran un pouco mas da sua parte. Pero non sexamos utopicos, o capitalismo nunca porá remedio REAL. Os distintos modelos socialistas, nos cales invirtese nunha calidade de saude extraordinaria (véxase CUBA), e nos cales a sanidade non está en mans dos de sempre, nunca xogarán con temas tan complicados como este.

O tamiflú que mercou o Estado Español , cando foi o caso da Gripe Aviar, outro lucro sen precedentes, caducaba no 2010, e resulta que é agora, no 2010, "eficaz" para contrarestar os "efectos" da Gripe A. Tamen é curiosa a contradición de Trinidad Jimenez coa OMS, desafirmando aquelo de "comer cerdo pode provocar Gripe A". ¿A caso os cidadáns somos estúpidos para non darnos conta da trapallada esta? Non señores e señoras, non nos tragamos as vosas artimañas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario