Como unha grande cantidade de Partidos Comunistas, o PCA nasce coma unha escición do Partido Socialista, adherindose a Terceira Internacional. Seguiu estrictamente a liña do PCUS, a marxista leninista, tendo simpatía con figuras como Lenin ou Stalin. O PCA orgañizou envio de camaradas as Brigadas Internacionais, onde destacaba a figura de Codovilla.
Na época peronista ate a o Proceso de Reorgañización Nacional, foi clara a posición dos comunistas arxentinos, clara oposición a Perón, para acabar apoiando o Proceso de Reorgañización Nacional, seguindo o mais estricto sovietismo (CABE AQUÍ RECORDAR QUE A URSS TAMÉN APOIOU O PROCESO DE VIDELA E COMPAÑÍA).
O partido foi suspendido, e moitos dos camaradas torturados a pesar deste feito. O PCA presentouse como querellante ante a brutalidade. O PCA admitiu os seus erros, sobre todo de apreciación das Forzas Armadas.
Acabada a ditadura, virou a política dos camaradas. Comenzouse a destacar a Che Guevara e mailas guerrillas. E no 87xuntanse co MAS, e coa caida da URSS, apoian o proceso en Cuba, e mais tarde a Revolución Bolivariana, coma a meirande parte dos partidos revolucionarios no mundo.
O partido na actualidade vagabundea entre alianzas e escisións, incluso chegando a apoiar certas medidas do Kischner.
O PCA ten unha historia ben semellante a do PCE, cunha diferencia, o numero de apoios, que no caso do PCA, e moito maior.
Eire
No hay comentarios:
Publicar un comentario