martes, 18 de mayo de 2010

PSUV, O CAMIÑO DE IMPOR A UNIDADE (CRITICA CONSTRUCTIVA A POSICIÓN DO CAMARADA HUGO CHAVEZ) :


Non é facil, compañeiros e compañeiras, falar da Revolución Bolivariana en Venezuela dende a Europa do Capital, pero é necesario analizar, coa maior obxetividade posible, o camiño. Certo é que parto con ventaxa, as experiencias de socialistas venezolanos moi próximos a este camarada que vós escribe teñen moito peso no artigo.

Antes de comezar a redactar este artigo, citeime con este compañeiros dos que vos falo para levar un debate, un tanto caótico, sobre o proceso. As conclusións as que se chegaron foron estas :

1. O Proceso da Revolución Bolivariana é un proceso único na Patria. Tras anos de democracia bipartidista, moi semellante a do Estado Español, un partido que se autodenomine socialista, antiimperialista e bolivariano alcanza o poder pola vía non revolucionaria.

2. O protagonista real do proceso é o pobo. Nin os dirixentes do PSUV nin o propio Hugo Chavez. O pobo rachou con antigos partidos socialistas para levar a cabo a máxima de Karl Marx : PROLETARIOS DE TODO O MUNDO, UNÍDEVOS!

3. En consecuencia con esto, cabe criticar o PSUV e a Hugo Chavez, por non dialogar pola unidade. Partidos históricos coma o PCV ou o MAS son afastados do proceso. Ben podemos falar, se nolo permitides, de culto ao lider.

Con estos puntos sinalados, é necesario, se queremos falar de obxetividade, dar datos fiables para argumentar con solidez o texto.

A/ . A democracia venezolana nace coa caida do ditador Marcos Perez, a finales do 60. Como toda democracia, todo esta ben ligado para que gobernen os aliados do capitalismo. Firmaron o Pacto de Punto Fixo, fixando as reglas. O establecemento hexemónico dos partidos COPEI e AD, ben nos reflicte que tipo de democracia era aquela.

No 1998 chegou Hugo Chavez, cunha marcada política de cambio. Aprobeitando estar no poder, reformou as Cámaras e a Constitución. Chegou o Socialismo, como paso previo ao Comunismo, onde non existiría un Estado.

Asi pois, vemos como hai un cambio realmente superlativo na Venezuela. Pasouse dun modelo totalmente capitalista a un modelo, socialista... ¿ Pero quen é o verdadeiro artifice do milagroso cambio, o pobo, ou o Hugo Chavez?.

B/ . O pobo, rexeitou os seus propios intereses, fortalecendo o novo partido, o PSUV. Abandoaronse proxectos, deuse o voto masivo a Hugo Chavez. Certo, todo proceso ten as suas contradicións, QUE DEBEN SER SER ATACADAS DENDE A ESQUERDA, pero recordar que non hai xa debate, é necesario. E en relación con esto mesmo, ben o ultimo punto.

C/ . O pobo que renuciou aos seus propios proxectos para alistarse no PSUV, e os partidos políticos afastados, deben debatir as suas posturas co fin de construir un FRENTE DE ESQUERDAS. Chegar a acordos nunca é fácil, pero a idea do FRENTE e o menos descabellado no asunto. Son xa moi vistas as criticas ao PCV ou ao MAS dende as propias palabras do compañeiro Chavez.

E rematando, para que non se me tilde de contrarevolucionario, inclúo cambios positivos dende a chegada deste particular socialismo :

- Disminución da pobreza en xeral
- Creación dun sistema de saude preventivo.
- Creación e formación de cooperativas para acabar co Capitalismo.
- Crecemento do PIB
- Eliminación do "puntofixismo"
- Creanse a ley de terra e de pesca.

Pois a conclusión a que cheguei, tras un analise profundo e un previo debate con antigos compañeiros comunistas en Venezuela e o seguinte : TODO PROCESO TEN CONTRADICIÓNS, QUE DEBEN SER ATACADAS DENDE A ESQUERDA. CONSTRUIR O SOCIALISMO PRECISA DE UNIDADE, XA QUE O POBO E O MOTOR DO CAMBIO, SE NON SE REALIZAN ESTAS TAREFAS, O PROCESO QUEDARÁ SUSPENDIDO NALGUN MOMENTO, INDA QUE DESEXAMOS O MELLOR PARA A AMERICA DO SUR. UNHA APERTA.

Asina : EIRE

No hay comentarios:

Publicar un comentario