sábado, 1 de mayo de 2010

1º De Maio ( Vigo )



Comenzamos por Vigo na nosa manifestación do 1ª de Maio , bo ambiente na cidade , moitas bandeiras da Galiza e da fouce ondeaban o ceo , pancartas có lema “folga xeral” dos diferentes colectivos :ADIANTE , FPG (Frente Popular Galega)CUT ( Central Unitaria de Traballadores ) , CGT ( Confederación General del Trabajo ) , FSM (
Federación Sindical Mundial ) , PCPE (Partido Comunista dos Povos de España ) e un largo etc .Eu persoalmente asistin a esa manifestación por apoiar a ADIANTE , CUT e FPG porque a verdade e que cos da CGT non comparto moitas das suas ideas . Mentras sostiña a nosa faixa pensaba na queles traballadores que no ano 1886 sen a aprobación dos sindicatos maioritarios sairón a rua a loitar pola xornada laboral das 8 horas , dende aquela os tempos han mudado moito pero seguimos nunha sitiación moi mala , este é o momento para que os obreiros da Galiza e do mundo levántense e digan BASTA , basta destas inxustizas , basta da crise que crearon eles ter que pagala nos , basta desta falsa democracia . Tamen quero aclarar un puto sobre estes falsos sindicatos ( CCOO , UGT ) , eu quero plantear unha pregunta , como estes sindicatos poden dicir que están en contra da idade de xubilación se son eles mesmos os que estan a negociala , recordo negociala co capital , negociala coas patronais , negociar coas nosas vidas que para eles só seran cifras , para nos son xente , persoas, compañeiros con nome e apelido que o están a pasar mal nestes tempos .Avande a revolución que xa é hora!

VIVA GALIZA CEIVE E PROLETARIA
VIVA O 1º DE MAIO
VIVA O COMUNISMO
CONTRA A ESPAÑA DO CAPITAL , REVOLUCIÓN OBREIRA!!!


cuộc cách mạng

No hay comentarios:

Publicar un comentario