domingo, 18 de abril de 2010

O DOMINGO 18, TODOS EN COMPOSTELA COA REVOLUCIÓN CUBANA



A raiz das ultimas difamacións sobre a Revolución Cubana dende os medios de comunicación, a esquerda
revolucionaria acudiu a manifestación convocada pola Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil.

A participación foi exitosa, entre os acudintes destacan o PCPE, o PCG, o FPG, Isca!, ADIANTE , Galiza Nova e un largo
etcetera, a posición era clara, UNIDADE pola DEFENSA de Cuba, un dos mellores exemplos de loita polo comunismo.
A solidaridade e o internacionalismo estaban latentes,cantando consignas a favor do socialismo, do PCC, e
dos irmaos Castro.

E un orgullo para este que vos escribe aver acudido a esta importantisima cita.

Ao final todos unidos cantando o himno galego, unidos pola causa revolucionaria, moi fermosa esa estampa.

Eire

11 comentarios:

  1. SAÚDOS COMUNISTAS E PUNTUALIZACIÓN
    Ola, saúdos proletarios e parabéns polo blog. Nesta crónica non mencionas ó PCPG que foi sen dúbida unha das organizacións que mais traballo e empeño puxo nesta iniciativa.
    Na manifestación levaban unha grande bandeira de Cuba. ¿Quizáis confundas ó PCPG co PCPE?.
    Son dúas organizacións totalmente independentes.
    O Partido Comunista do Povo Galego é unha organización obreira totalmente soberana e ten bastante máis presencia e estructura organizativa que o PCPE que, ademáis de ser dependente e sucursal de Madrid, é moi pequerecho en Galiza.
    Envíoche un enlace da crónica aparecida na paxina do Partido Comunista do Povo Galego:

    http://pcdopg.blogspot.com/2010/04/mais-de-2000-galegos-e-galegas-simos.html
    Apertas revolucionarias camarada

    ResponderEliminar
  2. Graciñas por comentar. Son o que escribiu o artigo, tes razón, ali estaba o pcpg, pero o pcpe tiña mais presenza na mani. Non vos esquecemos, e xa sabemos que sodes nacionalistas de esquerdas.

    Se queredes participar xa sabedes, vos deixaremos o correo. Un saudo

    ResponderEliminar
  3. Pois camarada, as túas fontes están moi erradas porque nin o P.C.P.E tiña máis presencia que o PARTIDO COMUNISTA DO POVO GALEGO- P.C.P.G- (ao sumo eran 6 ou 7 persoas entre militantes,familiares e amigos. Vendo as fotos e os videos e sabendo algo da actividade política das organizacións galegas está moi claro).
    Creemos que non te molestáches en ver a información que te enviamos no anterior comentario.
    Pero ademáis de ser moitos menos que nós nesta mani e en todos os ámbitos(negar isto é de risa) temos que dicir que o PCPE non tivo ningunha participación na organización nin convocatoria da mani, sendo un completo desconoñecido para todos os que traballamos na solidariedade con Cuba, mentres que os nosos camaradas tiveron unha aportación moi importante(ás veces cualitativamente decisiva) desde o primeiro momento, como a temos desde fai moitisimos anos..
    Tamén te equivocas profundamente ao definirnos como "nacionalistas de esquerdas", quizáis porque a túa concepción só parte da nación española unica e indivisible, é dicir partes dun esquema mental mesetario, ou dunha concepción GRAN-NACIONALISTA, chovinista, anti-leninista, por non dicir algo máis duro.., por tanto moi errónea e mesmo perniciosa.
    Camarada, sentimos ter que responder desta maneira, mais,ou non nos coñeces de nada e opinas con moita lixeireza ou distorsionas interesadamente a realidade para gusto dos teus amigos. Ou quizáis és ti tamén do PCPE e te deixas levar pola subxectividade...
    Por certo, dúas cousas antes de rematar, para aclararche graficamente sobre o traballo dos nosos militantes:
    1º. A grande bandeira que portabamos na manifestación foi-nos regalada por membros do CC do PCC.
    2º. Fai menos dun ano, tanto o PCPG como dous membros da súa dirección recibiron un recoñecemento público por parte de Cuba, unha distinción otorgada tamén a outros amigos e camaradas e internacionalistas galegos.
    -Mandádenos logo ese enderezo e-mail
    Apertas comunistas, revolucionarias e internacionalistas.

    ResponderEliminar
  4. Un, non son do PCPE, pero leendo un pouco os seus estatutos, e comparandoos con vos, eles teñen mais claro que é o centralismo democrático, e ademais, defenden a Republica de caracter confederal, mentras vós, defendedes... que? unha republica socialista galega? Eu son internacionalista, non chauvinista, iso que te quede ben claro pailoroco. Cando digo o de nacionalistas de esquerdas, estou en total disposición de decilo, porque voso proxecto e totalmente nacionalista, pouco ten de comunista.

    Non sabes que na cabeceira da Mani ía un representante do PCPE? Non sabes que o voso partido lle roubou as siglas a este partido, do cal non milito nin son simpatizante? Sabedes que canto mais se traballe pola unidade o proxecto comunista será mais viable?

    Non veñas aqui a confundir ao personal, porque os oportunistas coma vós e o unico que sabedes facer.

    Meus respeitos ao voso "partido".

    ResponderEliminar
  5. Estás perdidiño amigo e ademáis falas do que non sabes ou mintes descaradamente.
    Na cabeceira da mani non ia ningún militante do PCPE(cousa que seria irrelevante totalmente porque era voluntario por calquera organización das 44 asistentes incorporarse á faixa se o querian, ainda que no caso do PCPE, que non pintaron nada en ningún momento, xa seria ter moita cara..) agás que se incorporara "de expontáneo" por uns segundos e non nos decatásemos os demáis, e alén diso:
    1º Que é iso dunha República Confederal?. Unha república só pode ser federal ou unitaria, independentemente de que sexa socialista ou non. O termo confederal aplícase e aplicouse sempre a unións de repúblicas(en plural). Por tanto, pola via dese amaño o único que se pretende e meter de "macuto" algo que non ten que ver cos principios nin práctica comunistas e teorizar, como fai o PCPE no seu últmo congreso "una patria española para los trabajadores". Aos de PCPE failles falta un cursiño acelerado hai moito tempo..
    2º Tampouco lle roubamos ningunha sigla ao PCPE, pois o PCPG é xuridicamente soberano desde 1992 e con vontade de selo organicamente e politicamente desde o seu nacemento en 1984. Ainda que si, aquí si que houvo un intento de roubo das nosas siglas, da web e de máis cousas, alén dun intento de intromisión do PCPE que foi rexeitado polo noso órgao de dirección(agás 2 persoas) e sobre todo rexeitado por abrumadora maioria nunha asemblea do PCPG, na que só esas mesmas 2 persoas votaron en contra e despois din que non aceptan o resultado da reunión(nunha asemblea moderada por un membro independente e obxectivo, que era militante do PCPE!), e iso é ter claro o centralismo democrático?, iso é para ti o valor que ten ese termo leninista?.
    Só alguén que fala do modo que o fas, defendendo o que non é pode confundir..
    Compañeiro, todo o que nós dicimos está contrastado coa realidade e estamos dispostos a demostrarllo a quen queira saber algo máis.
    O PCPE só queria un chiringuito-sucursal en Galiza e esa foi a razón de impulsalo. Todo o demáis, incluido quizáis o que ti fas, forma parte da mesma manipulación e ataque aos revolucionarios, comunistas e internacionalistas galegos que formamos parte do PCPG, cousa por certo, totalmente condenada ao fracaso.
    Chámaslle traballar pola unidade a iso?. Por que nos acusas de oportunismo?, en que te baseas?
    Por certo, nin nos respondeches á maioria dos nosos argumentos nin sabemos quen és ti, nin nos enviaches o correo do que nos falaches no comentario anterior, e iso é máis que sospeitoso.
    Convidámoste a saber de nós e a reflexionar compañeiro/a
    Saúdos do PCPG

    ResponderEliminar
  6. nordico crew, deixa ladrar aos resentidos. eu sí son do PCPE e cofirmo que había un militante noso na pancarta de cabeceira(como saiu publicado na nota de prensa da embaixada cubana, que podo achegar), ademáis de militantes nosos antigos socios e militantes da Villamil. "PCPG" ven sendo o nome artístico deste señor con intervencións tan longas, envelenadas e coñazos. virtualmente non existe. Non te aburro máis, que para aburrido o devandito cabaleiro. Saúde e comunismo, Crew

    ResponderEliminar
  7. Acabamos de descobrir que Crew ou nórdico crew é un nazi (como ben se vé claramente na súa páxina) e que Casablanca se apoia nel para confundir, dividir e difamar aos comunistas. O "comunicado" da embaixada?, efectivamente existeu, por suposto, pero está baseado nunha nota de prensa dun compañeiro da prensa equivocado(os cubanos tamén se equivocan ás veces), non hai máis que le-lo para darse conta. Por certo o PCPG tamén estivo na pancarta de cabeza e non vimos a ninguén do PCPE, ainda que mantemos que esta información é irrelevante; o importante é o traballo por Cuba nesta mani e aí, como no demáis non funcionou nada o chiringo PCPE.
    Por outra parte tamén podemos ensinar máis dunha ducia de informacións sobre o PCPG publicadas pola embaixada de Cuba ou polo Minrex, ou por Granma, etc.
    Non colocades argumentos serios, nin respondedes aos nosos e ademáis tentades enganar descaradamente, alén de que situades descalificacións persoais, e isto pode chegar a ser grave.Polo tonillo xa sabemos quen podes ser. Non opinabas desde logo o mesmo de nós, de ningún de nós, a nivel persoal, hai ben pouco tempo.
    Por certo, seguides sen enviar o correo..,moi sospeitoso todo isto..Así é como vos din que hai que construir o chiringo-impostura PCPE en Galiza?, con estas trapalladas?.
    Por favor respondede a argumentos e informacións e valoracións políticas como se debe. Hai que estar enfermo/a e ser triste resentido/a para chegar a estes niveis de miseria, meu deus!.
    Viva o Partido Comunista do Povo Galego!

    ResponderEliminar
  8. camaradas recomendo non caer en provocacións nen entrar en liortas ruíns. Ese estilo énos alleo, afortunadamente. efectivamente estabamos na pancarta de cabeceira, e mais na nosa e cubrindo outras tarefas relacionadas coa megafonía etc.pero esto é o de menos. O importante é que o esforzo DE TOD@S fixo posible unha magnífica mobilización de apoio á Cuba. A práctica e non a retórica nen os comadreos de internete son o que vai caracterizando, definindo e desenvolvendo a organización dos comunistas, á que se van incorporando novos militantes, de aí que o compañeiro non os identifique cando aparecen na manifestación ou na faixa de cabeceira. Adiante camaradas VIVA CUBA SOCIALISTA

    ResponderEliminar
  9. Aver, por lo que yo se, ñordico crew es un blog donde ponen a parir a ciertos personajes nazis, no esque sea Eire un nazi, si no lee sus escritos "amigo" de la PCPG, unas siglas robadas de manera muy sigilosa y despiadada. Con respecto al PCPE, ellos estuvieron alli, es lo que importa, lo que digan los corsarios estos que se creen que por poner el nombre de Galiza bien en grande son más comunistas me la suda.

    ResponderEliminar
  10. Repito a miña modesta opinión. Entendo que esta polémica, non iniciada nen buscada pola militancia do PCPE , é irrelevante e impropia dunha páxina unitaria e dun/ha militante comunista. Quen está a mirar con lupa cuan "pequerrechas" son as outras org., ou a contestar a semellantes despropósitos, penso que estaría mellor preparando con modestia e firmeza un 1º de maio combativo e de clase. A ananeza ideolóxica e o estéril debate sobre quen "a ten máis longa" non vai mellorar a nosa presencia nen a nosa utilidade como ferramenta de emancipación da nosa clase, compas. En efecto o PCPE estivo alí e en moitos outros sitios, pero eso non pode ser materia de debate porque é unha evidencia e porque a capacidade insisto demóstrase na andaina e non neste tipo de confrontacións que xa veñen eivadas de inicio. Veñen eivadas porque están inspiradas no afán de protagonismo máis ruín, e porque non teñen por obxeto unir o susceptible de ser unido senon intoxicar e dar saída a complexos e rabietas persoais que a ninguén interesan fora da consulta dun psicólogo. O meu saúdo e o meu respecto comunista a todos os camaradas, simpatizantes e organizacións revolucionarias e amigas

    ResponderEliminar
  11. Moi bem , som o creador do bloge , e estou farto já de que acusedes a camaradas de cousas que nom som , Nordicos Crew é um bloge para rir , com todos esses nazis . Pero a falta de lectura e de atençom pola parte do PCPG é moi grave , estas acusando a um camarada de ser um nazi , sim ninsiquera pararte a ler o que pom?

    Pero ante todo pido unidade aunque seja dificil por parte de algums , pero que cona vai faer o povo se nom estamos unidos todo-los Marxistas-Lenninstas ? ( algums mais que outros ).Outro assunto , que passa o PCPG é o menhor e sempre estades nas pancartas, luitades dia dia , mira pareceme dum doptrinamento defender asim o teu partido , para que é perfecto , é nom e asim , casse prefero os do PCPE cos do PCPG . Sem mais dilaçom

    umha perta de clase

    ResponderEliminar